Máis dunha ducia de organizacións beneficiaranse de máis de 400.000 euros para a divulgación e a formación non regrada de cara ao impulso da industria forestal-madeira

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da orde publicada en febreiro deste ano

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ' title='https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220701/AnuncioG0520-220622-0001_gl.html">'>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220701/AnuncioG0520-220622-0001_gl.html">resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas pola Axencia Galega da Industria Forestal para levar a cabo accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal-madeira de Galicia. Programadas coma parte da Estratexia de Formación e da Axenda de Impulso da Industria Forestal-Madeira, beneficiaranse deste investimento un total de 13 solicitantes (que inclúen asociacións, fundacións, clústers e federacións) cun importe total de 402.219,65 euros.

 

Estas axudas buscan incentivar o avance da formación e cualificación do persoal empregado no sector forestal. Así, teñen como finalidade mellorar e reforzar as habilidades dos profesionais do sector para incrementar o nivel competitivo e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor. Ademais, perséguese actualizar e modernizar o sector da madeira para mellorar a súa concepción social e que ocupe un rol destacado na transición cara a un modelo de economía circular, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira e os seus produtos derivados.

 

Cómpre recordar que as entidades receptoras destas axudas debían reunir unha serie de obrigas e condicións para poder optar a elas. Así, debían ser organizacións, colexios profesionais ou agrupacións empresariais innovadoras, ter sede e/ou actividade en Galicia e gardar relación e/ou ser representativas da cadea de valor da industria madeira-forestal.

 

Ademais, cómpre sinalar que poden realizarse no marco deste paquete investidor dous tipos de iniciativas: proxectos singulares, cunha subvención menor aos 15.000 euros; e proxectos tractores, nos cales a Xunta investirá entre 15.000 e 80.000 euros.

 

Enlace á resolución no DOG:

Departamento:
C. do Medio Rural